Chegou o día e non poidemos ter mellor sorte co tempo. Sol e uns agradables 18 grados. Moitos visitantes e moita animación polas rúas.
Agora mesmo, que estou a escribir estas liñas, está a xente bailando e disfrutando coa Orquestra Gran Parada(10 da noite) Está a praza ateigada de xente. Quizáis esto é o que haberá que facer en moitas verbenas, adiantar os horarios para que a xente se anime e non que empecen a actuar despois das 10 da noite e logo as 2 da madrugada quede moi pouco público, que ao día seguinte hai que ir traballar.
Dito esto, un ano mais, a nosa Feira do Cocido, que chega á sua 56 edición, e que está declarada de Interese Turístico Internacional, segue sendo todo un éxito do que nos sentimos especialmente orgullosos todos os lalinenses, e que nada ten que ver con cuestións políticas.
Remato co noso... "VIVA LALIN, CON RAZÓN OU SEN ELA" e "VIVA O COCIDO DE LALÍN" ... QUE ESCOMENCE O ENTROIDO!!! 🎭🎉🎊
@cocidolalin
#feiradococido
#cocidodelalin
#lalin
#concellodelalin
#vivalalinconrazonousinela
#carnaval #entroido